miércoles, 23 de diciembre de 2009

Nadal

Chegou o Nadal e como todos os anos tivo lugar no noso cole o festival para celebralo.

Nos participamos facendo unha representación teatral titulada "OS INFORMATIVOS DA TV BECERREA", no que cada un de nos interpretou un pequeno papel.

Aquí tedes os vídeos da nosa actuación. Desexamos que gocedes véndoa tanto coma nós ensaiando e actuando.





Bo Nadal e Feliz aninovo!!!

martes, 3 de noviembre de 2009

Samaín

Este ano, nos tamén participamos no concurso de decoración de cabazas que organizou o noso Centro co gallo de celebralo Samaín.

A nosa compañeira Blanca, decorou a nosa cabaza, e os demais fixemos a montaxe na aula. Así, a nosa cabaza gañou o premio á máis traballada.

Velaquí a tedes!!!!!!

domingo, 25 de octubre de 2009

Obradoiro de Peixes

O PASADO DIA 21 DE OUTUBRO PARTICIPAMOS NUN OBRADOIRO DE PEIXES, actividade que se atopa enmarcada dentro da campaña Uhmm... peixe!! , que está organizada polas Consellerías de Pesca, Educación e Sanidade, dirixida a os escolares galegos.

O protagonista desta actividade foi un peixe chamado “Raspiña”



Con el puidemos aprender cousas como: cortar ben o peixe, empregar axeitadamente a pa e o garfo (para evitarmos os perigos das espiñas), e tamén por qué é tan bo comer este alimento, xa que é positivo para a saúde e o crecemento dos nosos osos, axúdanos a medrar, ten moito fósforo (moi bo para a memoria), minerais e vitaminas, e é moi doado de dixerir.

Aprendemos tamén, a diferenciar os peixes brancos dos azuis así como o nome dos que despois xantaríamos no comedor, como pescada, xurelo, rape e melgacho.

Este obradoiro rematou con xogos relacionados cos peixes e o xantar no comedor. Tamén nos agasallaron cun libro de receitas de peixe que nós seguimos a completar.

Ata a próxima!!

sábado, 10 de octubre de 2009

Primeira entrada do blog

Ola, acaba de crearse o blog do grupo.
Esperemos que vos guste a todos e a todas!!!!

Esta vai ser a nosa ventana ao mundo, na que ides poder ver algunhas das actividades que faremos os nenos e nenas do 3º curso do Ceip San Xoán.