jueves, 23 de diciembre de 2010

Celebrémolo Nadal

Un día de Nadal na aula de 4º”, foi este ano a nosa obra de teatro, onde Marcos fixo de profesor e os demais de alumnos.


Bo Nadal e Feliz aninovo!!!



viernes, 16 de abril de 2010

Unha viaxe ao parque cultural “Las Médulas”

Na comarca do Bierzo (provincia de León) fomos visitar o que foi  unha explotación de ouro da época romana, considerada hoxe a maior mina de ouro a ceo aberto de todo o imperio romano.

Alí o guía explicounos o modo de extracción do ouro e que máis ou menos consistía na captación de auga que viña por moitas canles e se acumulaba nuns depósitos e que despois liberaban de modo que a auga entraba na mina e arrastraba a terra. Posteriormente sacaban o ouro filtrando os restos que viaxaban na auga. Este método coñécese como “Ruína montium”.

Despois da visita a esta impresionante paraxe, o guía levounos por un inmenso bosque de plantas aromáticas na súa maioría.  O final deste recorrido chegamos a o lago de Carucedo que se formou ó quedar taponado o río por material procedente das médulas. O guía tamén nos contou unha lenda sobre a orixe deste lago.

Velaquí unha escolma de fotos.



Ata a próxima!!!

lunes, 15 de marzo de 2010

Unha viaxe impresionante!!!

O día 9 de marzo, fixemos unha pequena viaxe a Lugo, co gallo de coñecer un pouco máis a nosa provincia.

En primeiro lugar estivemos na sede da Deputación provincial, alí contáronnos un pouco sobre da historia do citado organismo, cales son as súas funcións, cando se construíu o edificio, etc.

Despois leváronnos a O Centro de Interpretación Terras do Miño. Alí asistimos a varias proxeccións audiovisuais sobre a flora e a fauna que habita no río e unha sobre a lenda do “home peixe”.

A continuación fomos a o mazo de Santa Comba, situado no río Chamoso (preto de Lugo) . Alí vimos un muíño, un mazo, unha roda moa de afiar e unha serra de madeira e todo funcionando grazas a forza da auga!. Neste lugar foi onde xantamos, no mesmo complexo e cunhas vista fermosísimas a o río.

Despois de xantar, xa pola tarde, desprazámonos para facer unha ruta de sendeirismo pola vía Romana XIX, onde vimos os vestixios desta antiga ruta.

Xa de volta a Lugo, demos un paseo pola beira do río Rato, visitando a ponte da Chanca. Máis tarde visitámola catedral de Lugo, a muralla romana e finalmente estivemos na casa dos mosaicos, onde vimos os restos dunha antiga casa romana. A o saír, e antes de partir de volta a o colexio, a profe invitounos a merendar.

Pasámolo moi ben, ata a próxima!!

domingo, 14 de febrero de 2010

Entroido

No enlace que poñemos de seguido, podedes ver as nosas fotos do Entroido, no que nos caracterizamos coma ían vestidos os nosos avós e bisavós.

Fotos

lunes, 1 de febrero de 2010

Novo compañeiro

Hoxe a o chegar á nosa clase atopámonos cunha sorpresa. Resulta que temos un novo compañeiro, que se chama Stanimir e ven da República de Bulgaria.

Bulgaria é un pequeno país situado no corazón dos Balcáns que conta con cerca de 8 millóns de habitantes, Sofía é a súa capital e entrou na Unión Europea no ano 2007.

Seguiremos aprendendo máis cousas.

Добре дошли Stanimir!!!(benvido)