lunes, 15 de marzo de 2010

Unha viaxe impresionante!!!

O día 9 de marzo, fixemos unha pequena viaxe a Lugo, co gallo de coñecer un pouco máis a nosa provincia.

En primeiro lugar estivemos na sede da Deputación provincial, alí contáronnos un pouco sobre da historia do citado organismo, cales son as súas funcións, cando se construíu o edificio, etc.

Despois leváronnos a O Centro de Interpretación Terras do Miño. Alí asistimos a varias proxeccións audiovisuais sobre a flora e a fauna que habita no río e unha sobre a lenda do “home peixe”.

A continuación fomos a o mazo de Santa Comba, situado no río Chamoso (preto de Lugo) . Alí vimos un muíño, un mazo, unha roda moa de afiar e unha serra de madeira e todo funcionando grazas a forza da auga!. Neste lugar foi onde xantamos, no mesmo complexo e cunhas vista fermosísimas a o río.

Despois de xantar, xa pola tarde, desprazámonos para facer unha ruta de sendeirismo pola vía Romana XIX, onde vimos os vestixios desta antiga ruta.

Xa de volta a Lugo, demos un paseo pola beira do río Rato, visitando a ponte da Chanca. Máis tarde visitámola catedral de Lugo, a muralla romana e finalmente estivemos na casa dos mosaicos, onde vimos os restos dunha antiga casa romana. A o saír, e antes de partir de volta a o colexio, a profe invitounos a merendar.

Pasámolo moi ben, ata a próxima!!